Concha López gaña a VII Edición do Concurso de Micro-relatos de OZOCOgz

OZOCOgz fixo entrega a pasada fin de semana dos premios do seu 7º concurso literario. As galardoadas foron Concha López, gañadora, e Susana Villamor, finalista. 

foto08 (1)
photo_camera [Imaxe: Cedida]. Ao fondo a gañadora Concha López, diante a finalista Susana Villamor

O pasado sábado, día 15 de xuño, a tenda OZOCOgz entregou os premios da 7ª edición do seu concurso literario durante un acto celebrado no ApartHotel Arenteiro (Carballiño) ao que acudiron máis dun cento de persoas.

O primeiro premio foi para o relato Muller azul de Xoaniña, pseudónimo baixo o que se agocha Concha López Fernández. A gañadora foi obsequiada cun diploma, un regalo de OZOCOgz, un vale por una fin de semana no mesmo hotel do Carballiño, un lote de libros e un obsequio artesanal realizado polos usuarios de ASPADISI.

Como finalista quedou Susana Villamor Prieto con Adeus Manuel, quen xa obtivera o primeiro posto na edición de 2017. Como premio agasallóuselle un diploma, un presente de OZOCOgz e outro feito por ASPADISI e un lote de libros.

A temática escollida para o concurso deste ano foi a muller a través do feminismo. O xurado encargado de decidir as gañadoras estivo composto polas escritoras Ana Cabaleiro, Cruz Martínez, Tamara Andrés e Lucía Rodríguez, gañadora do concurso no ano anterior.

Comentarios