O pasado domingo 10 de marzo, un home de 46 anos asasinou a súa parella, de 43 anos, na parroquia de Setecoros, no concello de Valga. Logo de matala, suicidouse. M.A. é a segunda galega vítima de feminicidio en só tres días, após o asasinato dunha muller natural de Galiza en Madrid, cidade en que vivía. Nese caso, as forzas policiais tamén informaron de que o home, de 81 anos, mataría a muller, de 63, e que despois se quitaría a vida.
Esta segunda feira 11 de marzo, terá lugar unha concentración ás 20 horas na Praza de Valga e un minuto de silencio ás 12 horas no Parlamento de Galiza. O protocolo do feminismo galego recolle a premisa de convocar as concentracións para 24 horas despois de que o asasinato se publique en prensa escrita, a fin de dar tempo aos distintos concellos e colectivos a que se sumen e para poder darlle unha difusión conxunta.
A prensa dixital non serve como referente dado a súa inmediatez, que dificulta a certificación do caso como violencia de xénero. Polo tanto, as concentracións terán lugar esta terza feira 12 de marzo.
Convocatorias:
A Coruña
20 horas no Obelisco
A Estrada
20 horas na Praza do Mercado
A Guarda
20.30 horas na Praza do Reló
As Pontes
20 horas na Praza do Hospital
A Ramallosa
20 horas na Rotonda da Ramallosa (fronte á capela do San Campio)
Bertamiráns
20 horas na Praza da Maía
Betanzos
20 horas no Cantón de Claudino Pita
Cambados
20.30 horas na Praza da Naiciña
Compostela
20 horas na Praza 8 de Marzo
Ferrol
19 horas diante do Concello
Lugo
20 horas Diante do Concello
Miño
20.30 horas na Praza do Parchís
Moaña
20:00 horas na Praza do Concello
Ourense
20 horas na Castañeira. San Lázaro
Pontevedra
20:30 horas diante da Audiencia provincial (rúa Rosalía de Castro)
Redondela
20:30 horas na Praza da Constitución
Vilagarcia de Arousa
20.30 horas na Praza de Galicia
Vigo
20 horas nas Escaleiras do Marco