Os concellos advirten das "dificultades" para organizar as eleccións

Critican que a Xunta non lles deixara participar na confección do protocolo para a organización das eleccións do 12 de xullo.
Alfonso Rueda e Alberto Varela na reunión da Cecop (Ana Varela)
photo_camera Alfonso Rueda e Alberto Varela na reunión da Cecop (Ana Varela)

Os concellos galegos, representados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), sinalan as "dificultades que a COVID-19" lles xera na "organización dos comicios" polo que urxe "traballar nas cuestións non resoltas do protocolo elaborado exclusivamente pola Xunta".

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, manifestou que este "é un protocolo xa aprobado" que obriga aos gobernos locais a "axustarse a esas condicións". Por iso, comunicou á Xunta que "os concellos necesitan empezar a traballar canto antes, porque nestas circunstancias" vai levar " moitísimo tempo".

Así o trasladou ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) deste sábado. Na mesma, tamén instou ao Goberno galego a "prever medidas ou instrucións" para as verbenas, no caso de que se poidan celebrar.

Comentarios