Compromiso di que "non se pode afirmar a existencia de RG" porque "iso non foi determinado" nos tribunais

A organización política formulará emendas á moción que o Partido Popular presentará nos concellos para condenar o terrorismo

 

O secretario Xeral de CxG, Xoán Báscuas, asegurou que a moción municipal anunciada polo Partido Popular --coa que instan as demais forzas a "condenar o terrorismo de Resistencia Galega"-- só pretende "desviar a atención" dos problemas reais que atinxen o conxunto da cidadanía xerando "unha cortina de fume". 

Neste senso, desde Compromiso presentarán unha emenda ao texto popular na que afirman que na Galiza "non se pode afirmar a existencia dunha banda terrorista denominada Resistencia Galega" pois di, "iso non foi determinado desde o punto de vista xudicial". Aliás, cren que "dalo por feito" só dá azos "a calquera movemento potencialmente violento". 

Se a súa emenda non fose aceptada, salientan desde a organización galeguista, presentarán a súa propia moción na que condenarán "a violencia sen paliativos en todas as súas expresións", mais recoñecendo que "a violencia terrorista non está entre os problemas máis graves" dunha sociedade que, din, ten "entre os seus medos a inseguridade social" decorrente das decisións "dos gobernos galego e central". 

Comentarios