A dirixente de Compromís, Mònica Oltra, recoñece nunha entrevista que publica El País que non lle convence a proposta de Podemos para crear un grupo confederal, “Non. Non me convence. E mentres quede prazo, Compromís vai seguir pelexando polo seu dereito dun grupo propio”, responde tallante á pregunta deste medio.
Pola contra, admite que a formación –que nas eleccións xerais conseguiu en coligazón con Podemos o 25% dos votos na Comunitat Valenciana- estuda unirse a IU e que está negociando con esta forza política. “É unha das posibilidades que está sobre a mesa. Pero non gosto de fechar as portas antes de hora. E neste momento o panorama está aberto. Imos agardar”, sinala ao respecto.