Denuncia da Mesa

O comité técnico de árbitros exclúe o galego das actas

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o Comité técnico de árbitros e árbitras incumpre a lexislación sobre o uso do galego como lingua propia de Galiza “vulnerando os dereitos lingüísticos da cidadanía ao non poderen as árbitras e árbitros realizar as actas dos partidos en galego”. A entidade afirma que  hai colexiados que veñen reivindicando desde hai tempo usar o galego nas actas, “xa que aínda que redacten a acta en galego na vista final aparece en castelán, e só mantén as citas literais en galego”.

O Comité técnico de árbritos depende da Federación Galega de Fútbol. A Federación, afirma A Mesa,, vulnera claramente a lexislación vixente sobre a oficialidade do galego e o uso do galego como lingua propia.O presidente da Mesa, Marcos Maceira. apuntou que enviarán unha queixa ao Comité técnico de árbitros e árbitras, á Federación galega de fútbol, á Secretaría xeral para o Deporte e á Secretaría xeral de Política Lingüística  esixindo que se garanta a presenza do galego nas actas.

Comentarios