SENTENZA PROCÈS

A Comisión internacional de xuristas afirma que a condena “viola os dereitos humanos”

A CIX considera que a “ampla definición do delito de sedición”  supón “restrinxir ilegalmente” dereitos como o da liberdade de asociación e de expresión.

EUROPA PRESS FOTOS CONDENADOS
photo_camera Foto: Europa Press

A diferenza do que pode parecer a teor das informacións dos grandes medios españois, non todo é conformidade xurídica coa sentenza sobre o procés ditada polo Tribunal Supremo. Unha desas voces disonantes é a da CIX, Comisión Internacional de Xuristas que se mostra rotunda: “A condena aos líderes cataláns viola os dereitos humanos”.

Considera esta organización, nada en 1952 e con sede en Xenebra, que as condenas impostas representan unha “grave interferencia” co exercicio da liberdade de expresión, asociación e asemblea. O recurso á lei de sedición para restrinxir o exercicio destes dereitos, explica, “é innecesaria, desproporcionada e inxustificábel” dixo Massimo Frigo, asesor legal da CIX.

A Comisión alerta tamén do perigo de “arbitrariedade” que implica a “ampla definición do delito de sedición”.

“Preocúpanos que o Tribunal Supremo non tivese totalmente en conta as obrigas de España baixo o dereito internacional dos dereitos humanos na súa consideración dos cargos contra estes acusados e acusadas, o cal mina seriamente os seus dereitos”.

A CIX ten como finalidade promover os dereitos humanos. É Premio de Dereitos Humanos do Consello de Europa en 1980, Premio da Paz Wateler da Fundación Carnegie en 1984, Premio Erasmus da Paremium Erasmianum Foundation en 1989 e Premio das Nacións Unidas para os DereitosHumanos en 1993.

Comentarios