A coalición europea de ERC solicitou á Xunta Electoral Central (JEC) non executar o seu propio acordo sobre o escano europeo de Oriol Junqueras ( que rexeita outorgarlle a credencial de eurodeputado), á espera do recurso que ERC prevé presentar diante do Tribunal Supremo para pedir, precisamente, suspender esa decisión da JEC.
O texto presentado pola coalición Ahora Repúblicas á Xunta Electoral Central, con data do 4 de xaneiro, xustifica o próximo recurso perante o Supremo alegando que a resolución da JEC do día 3 "vulnera os dereitos fundamentais do Sr. Junqueras así como os seus dereitos políticos".
A petición engade que por iso teñen a "firme intención" de interpoñer recurso contencioso-administrativo na Sala Terceira do Tribunal Supremo para pedir a este tribunal unha medida cautelarísima de suspensión da resolución da JEC sobre o escano do líder de ERC no Parlamento Europeo.