Correlingua 2019

O galego como "fórmula para camiñar": máis de 18.000 estudantes a moverse pola lingua

Estreouse o Correlingua 2019 e fíxoo en Cangas, coa participación de 2.200 rapazas e rapaces. Esta sexta feira, a carreira pola lingua, que nesta edición leva por lema "O galego é a fórmula", recalou na cidade da Coruña. A próxima segunda feira, día 5, será a quenda de Compostela.

correlingua 2019 galego

b64a76b3-afc8-4758-9fcd-16cf3660e7deCangas foi a vila que deu inicio este ano ao Correlingua, a iniciativa impulsada pola Mesa, a AS-PG e a CIG-Ensino para promover e estender o galego entre o alumnado. Máis de 18.000 rapazas e rapaces van tomar parte na edición 2019 desta actividade lúdico-reivindicativa que suma xa 19 anos.

Na vila do Morrazo participaron crianzas de 20 centros diferentes de Bueu, Cangas, Marín, Moaña e O Grove. Na Coruña, onde decorreu a carreira nesta sexta feira, participaron 30 centros da comarca Bergantiños, As Mariñas e da Coruña, e uns 2.800 escolares. O primeiro dos premios, entregado polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, recaeu no CPI O Cruce de Cerceda, cuxas alumnos e alumnas representaron unha carreira de "Fórmula 1" como chiscadela ao lema da 19ª edición do Correlingua, "O galego é a fórmula".

Tamén recibiron cadanseu recoñecemento o CEIP Agra de Leborís, da Laracha, de mans do secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, e o CEIP O Graxal de Cambre, de mans do presidente da AS-PG, Xoán Costa. A carreira, que percorreu o tramo que vai desde Riazor até a Torre de Hércules, finalizou coa lectura do manifesto por parte do IES de Carral, gañador do concurso a nivel nacional e coa actuación de Monoulius Dop.

92ddb0f8-0e16-46bf-a290-e65620024ebcEn total, 12 vilas e cidades galegas serán escenario destas carreiras en defensa do idioma. Que as crianzas e a mocidade galegas poidan estudar, xogar e vivir con normalidade en galego é a finalidade dunha actividade en que participan milleiros de nenas e nenos.

O galego como fórmula maxistral


Esta edición do Correlingua xira arredor da ciencia e fai referencia á táboa periódica dos elementos químicos, que cumpre tamén 150 anos. No acto de presentación da iniciativa, Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino, puxo de manifesto "non queremos que o galego sexa unha fórmula secreta, senón que sexa a fórmula maxistral do noso pobo, elaborada por todos e cada un dos galegos e galegas que nola transmitiron en herdanza e que queremos depositarlla á mocidade que representa o seu futuro”.

[As fotografías do interior da noticia ilustran momentos do Correlingua que tivo lugar na Coruña]

Comentarios