Versión en directo de 'Canción dos afogados'

O clasicismo comprometido do rock de Seso Durán

“Cal é canción dos afogados / que nunca chega á superficie? // Queres ver o mar arder?”, canta Seso Durán (Marín, 1969) na Canción dos afogados. Rock clasicista de ecos americanos, máis concretamente estadounidenses, fai parte do seu primeiro disco, Son da Memoria (2017). Agora publica o vídeo cunha versión en directo gravada en Mos.
seso durán
photo_camera Seso Durán durante a gravación de 'Son da memoria'. Foto: sesoduran.wixsite.com

O concerto foi o pasado maio na Sala Rebullón. A banda copuxérona o propio Durán na guitarra acústica e voz, Charlie Bautista na eléctrica, Antonio López nos teclados, Franc Gorriz na batería, Javier Rabanal no baixo, Miguel Tenorio na percusión e Sabela Cereijo e Sandra Lima aos coros.

Son da memoria está dedicado ao 36 e a represión. En Canción dos afogados, explica o propio Durán na súa páxina web, “conecta pasado e presente: os fondeados durante o terror franquista, os afogados na actual crise de refuxiados no Mediterráneo, con occidente como espectador pusilánime en ambos casos”. “Imos pagalo caro, / ti tamén, aínda que penses que non”, avisa no retrouso.

Comentarios