Perda de dereitos

A clase traballadora galega perdeu 256,22 millóns en só 10 anos

Nunha década as asalariadas e asalariados galegos perderon 255,22 millóns segundo un estudo feito público por UXT na Galiza. O sindicato denuncia que, “a pesar do crecemento económico que se rexistrou na Galiza ao longo dos últimos cinco anos, o mercado laboral é de baixa calidade" e que a clase traballadora empobreceu mentres a patronal viu aumentar os seus beneficios.

Desemprego xuvenial
photo_camera As asalariadas e asalariados galegos viron diminuír o seu salario desde 46,9% de renda a 42,4%

Un estudo publicado polo sindicato UXT sinala que as traballadoras e traballadores da Galiza perderon en tan só unha década 246,22 millóns de euros mentres o empresariado viu medrar os seus beneficios. Desde este sindicato criticaron que o “mercado laboral” do noso país e de baixa calidade a pesar do “crecemento económico que rexistrou a Galiza ao longo dos últimos cinco anos”.

Tal e como sinal a Unión Xeral de Traballadores no seu comunicado, as asalariadas e asalariados galegos viron diminuír o seu salario desde 46,9% de renda a 42,4%. Mentres, critica a organización sindical que o empresariado incrementou as súas riquezas, pasando de 45% a 47,95% de renda en dez anos, un total de 4.348 millóns de euros.

As asalariadas e asalariados galegos viron diminuír o seu salario desde 46,9% de renda a 42,4%

Para a UXT "resulta evidente quen foi e quen seguen sendo as pagadoras dunha crise que non xeraron: as traballadores e as súas familias". Este sindicato fai fincapé en que a repartición é "desigual" polo que "saen gañando as rendas empresariais".

Por iso, o sindicato sinala de "precario e sen estabilidade" o mercado laboral e que, por tanto, "non permite consolidar uns ingresos dignos". Ademais, destacou o "absurdo fluxo" de entrada e saída de emprego que sofren as galegos e galegos. Conforme a isto, entre 2014 e 2018 producíronse un total de 14.594.045 movementos na Seguridade Social, o que o sindicato tacha de "incríbel e absurdo", ademais de "inxusto".

O sindicato urxe a derrogar as reformas laborais para "retomar o camiño do crecemento para todas e todos"

Con esta información, a UXT sinala como causante da perda de poder adquisitivo e dereitos as reformas laborais impostas en 2012, xa que considera que agravou a situación. O sindicato urxe a derrogar as reformas laborais para "retomar o camiño do crecemento para todas e todos".

Comentarios