Ciudadanos insinúa un futuro pacto co PP para frear a fuga de votos

Albert Rivera deixou entrever que facilitará que Mariano Rajoy volva ser presidente se os populares son a forza máis votada o 20D. Tamén no caso do PSOE, agás que este pacte con Podemos.

ciudadanos rivera
photo_camera (Imaxe: Ciudadanos)


Ciudadanos tenta frear a fuga de votos que prognostican as sondaxes no último día de campaña. O candidato da formación, Albert Rivera, deixou entrever que facilitará que Mariano Rajoy volva ser presidente se os populares son a forza máis votada o 20D. Tamén apuntou a unha posible abstención no caso do PSOE, agás que este pacte con Podemos.

“Votarei non a quen tente formar un grupo de perdedores para desbancar a unha lista que gaña as eleccións, porque España vai mal pero pode ir peor”, sinalou Rivera nunha conferencia organizada por 'El Periódico de Catalunya'. 

O líder de Ciudadanos asegurou que non vai apoiar un eventual acordo entre “Podemos, Bildu e Compromís xunto co PSOE”. Rivera reiterou que non votará a favor de ningún outro candidato á presidencia e adiantou que non presentarán unha lista de esixencias que condicionen o apoio da súa formación.

Comentarios