Ciudadanos acabou a campaña electoral cun mitin en Madrid. O candidato á presidencia da formación, Albert Rivera, pediu a PP e PSOE que se “mollen” e digan se lle deixarían gobernar en caso de gañar as eleccións.
Rivera asegurou que o bipartidismo deixará de gobernar a partir do próximo domingo, malia que afirmou que Ciudadanos non impedirá coa súa abstención unha eventual investidura de Mariano Rajoy ou Pedro Sánchez se resultan vencedores nos comicios xerais.
Porén, o líder da formación laranxa dixo non crer nos gobernos populares e socialistas, e insistiu en que non os apoiará. Salientou que só “votará en contra” de aquelas formacións que teñan no seu programa “un referendo separatista”.