Cs acusa o PP de copiarlle a proposta de eliminar o requisito do coñecimento do galego

No programa electoral para as xerais o PP introduce unha contra-reforma lingüística, a de eliminar o requisito do coñecimento do galego, vasco e catalán nas probas de acceso á función pública.

CIUDADANOS

A organización galega de Ciudadanos enviou un comunicado aos medios en que cualifica de "electoralista" a proposta electoral do PP en materia de política lingüística, filtrada esta quinta feira a El Mundo. Cs acusa o PP de lle copiar o seu programa.

O portavoz provincial do partido laranxa por Pontevedra, Javier Alonso, critica o PP por asumir agora en precampaña a exclusión das linguas cooficiais como requisito nas probas de acceso ao funcionariado. Esa sería unha proposta vella de Cs pola que o partido laranxa tería aturado críticas do PP. "A política lingüistica do PP é electoralista a conveniencia", censura Alonso.

Perguntado na rolda de prensa do Consello da Xunta a este respecto, Feixoo dixo non ter coñecimento preciso deste aspecto do programa do seu partido para as eleccións do 28A, mais a seguir indicou que na Galiza, por exemplo nas oposicións á sanidade, o coñecimento do galego xa non é un requisito e que apenas puntúa como mérito.

Comentarios