CiU dá luz verde a se candidatar co PNV para as europeas

A dirección política de CiU acordou esta segunda feira presentarse ás eleccións ao Parlamento europeo xunto co PNV, CxG e Coalición Canaria.

 

Así o anunciou o secretario xeral de Unió Josep Maria Pelegrí após a xuntanza da federación nacionalista. A decisión, que fixo pública o diario catalán Ara, tivo lugar após coñecerse que as negociacións entre ERC e CiU para conformaren unha candidatura conxunta alicerzada no dereito a decidir non chegaron a bo porto

Desta maneira, PNV e CiU repetirán coligación como xa acontecera en 2009, listaxe á que se sumarán Coalición Canaria e Compromiso por Galicia. @s galeguistas acordárono así esta fin de semana nunha Convención nacioal electoral na que a organización liderada por Xoan Bascuas aprobou por maioría presentarse coa formación jetzale. 

Embora perto dun 30% da militancia apostase pola conformación dunha candidatura en solitario, CxG candidatarase na coligación conservadora. 

Comentarios