'Citerea', do ourensán Javier Rodríguez, premio Leiras Pulpeiro de poesía

Máis dun cento de orixinais participaron na oitava edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo. Citerea, do ourensán Javier Rodríguez, acaba de se facer co primeiro premio.
Tumba Leiras Pulpeiro
photo_camera Tumba de Manuel Leiras Pulpeiro no cemiterio de Mondoñedo. Foto: cedida.

Mil cincocentos euros, placa e diploma son a dotación do galardón, que tamén distinguiu a Manuel López Rodríguez, de Noia e autor do libro Antítese nativa (2010). O título da súa obra premiada -con 600 euros, placa e diploma- é A ferida. O terceiro premio foi dar a unha viguesa, Branca Trigo Cabaleiro. Dotado con 300 euros, placa e diploma, o seu conxunto de textos chámase O heroe de vidro.

A entrega de galardóns do certame -en que colabora a Deputación de Lugo- será o 23 de novembro pola mañá e incluirá unha ofrenda floral ao poeta Leiras Pulpeiro.

Comentarios