Cisma sindical en Endesa pola negociación do novo convenio

UXT desmárcase de CCOO e SIE e pacta unha arbitraxe externa coa dirección da empresa a cambio de parar a folga, os feches e retirar o recurso ante o Supremo.

Sindicatos Endesa
photo_camera Representantes dos tres sindicatos pechados na sede de Endesa o pasado 16 de outubro [Imaxe: Europa Press]

Nova fronte para as traballadoras de Endesa, desta vez interna. O sindicato UXT vén de desmarcarse de CCOO e SIE na negociación do convenio. A cambio de paralizar a folga anunciada para novembro, poñer fin aos feches e retirar o recurso presentado ante o Supremo, a compañía accedeu a pactar co sindicato unha arbitraxe externa para establecer as condicións do novo marco laboral.

Segundo explicou Manuel Jaramillo, secretario xeral da sección sindical de UXT-Fica, sindicato maioritario na compañía, o acordo é algo que os traballadores “levaban meses” esperando para “garantir que haxa un novo convenio colectivo”. Ademais, esta saída asegura un acordo voluntario ante as recolocacións dos máis de mil traballadores afectados polo peche das térmicas, así como a aportación da empresa aos plans de pensións.  

Saída irresponsábel

A decisión acadada pola empresa e UXT non agrada ao resto de forzas sindicais. Para CCOO, a medida é “equivocada” e a saída á situación “cómoda pero irresponsábel, tanto no fondo como nas formas”. O sindicato cre que “romper a unidade de acción é acabar co maior valor dos axentes sociais e as traballadoras”, sobre todo porque non deron tempo a que a “crecente presión” que viñan exercendo os tres sindicatos “dera os seus mellores froitos”.

Comentarios