CIG pide á Xunta que convoque a mesa do naval

A central sindical asegura que o sector “non pode agardar máis” e pide solucións para Vulcano e Barreras.

 

Concentración diante da delegacion da Xunta en Vigo [Imaxe: Paula Justo/ Europa Press]
photo_camera Concentración diante da delegacion da Xunta en Vigo [Imaxe: Paula Justo/ Europa Press]

A CIG exixe á Xunta a convocatoria da mesa do naval para buscar solucións ao que considera unha situación "grave" do sector na comarca de Vigo. Pediuno esta sexta feira nunha concentración de delegadas e delegados que tivo lugar diante da delegación territorial da Xunta.

“O naval non pode agardar máis”, aseguraba o responsábel comarcal de Industria, Julio Fernández. “A solución non pode depender dos vaivéns do empresariado”.

O representante do naval, César Rodríguez, advertiu de que se está "a xogar o futuro do sector" e lembra que os principais estaleiros da ría, "un está fechado e o outro en preconcurso e sen saber cal vai a ser a saída".

O portavoz da CIG reclamou a intervención pública por parte da Xunta para Vulcano para garantir os empregos. En relación a Barreras, César Rodríguez advertiu de que á CIG "non lle vale" un proxecto "especulativo" dun "fondo voitre".

Estes son motivos “abondo”, segundo a CIG, para exixir "que se convoque dunha vez a mesa do naval" onde estean representadas todos as axentes que poidan achegar "solucións".

Comentarios