CIG pide á Xunta que “tome o control” de Barreras

Consideran que a xestión privada no estaleiro foi un “fracaso”.

Barreras CIg

A federación de Industria da CIG de Vigo continuou esta terza feira co seu calendario de mobilizacións para reclamar unha solución á crise de Barreras que permita o mantemento da actividade industrial e de todos os postos de traballo. O sindicato demanda que a Xunta “tome o control público de Barreras unha vez fracasada a xestión privada”..

A protesta coincidiu co anuncio feito pola dirección da empresa de que solicitará a disolución da compañía no Xulgado, decisión acordada polo consello de administraciónco argumento de que así se protexe o futuro do estaleiro mentres segue a negociar unha saída á súa crise. 

Pemex acadou un principio de acordo coa cadea hoteleira de EUA  Ritz-Cartlon para ceder Os dereitos do seu 51% de accións. A paraestatal mexicana di así adeus ao estaleiro 6 anos despois de desembarcar nel.

Comentarios