CIG non se fía da dirección de Ferroatlántica

Pide garantías de estabilidade no emprego e a produción como paso previo para avanzar nas negociacións do ERTE.

ferroatlántica comité concentración Imaxe CIG

As dúas primeiras xuntanzas da negociación do ERE temporal presentado por Ferroatlántica constatan para a CIG que non existen causas obxectivas que xustifiquen o expediente. O sindicato demanda da dirección garantías de estabilidade no emprego e a produción como paso previo para avanzar nas.

A representación da central nacionalista nas negociacións afirma que, "segundo as contas (incompletas) que nos proporcionan, a realidade de Ferroatlántica dista moito de parecerse á dunha empresa en crise que nos queren vender".

Para xustificar o ERTE, indica que a empresa se refire ao custo da enerxía e da materia prima, "pero obvia que ten concesións para explotar as centrais e as minas". A central reclamou á compañía "que retire todos os recursos" interpostos contra a decisión da Xunta de non autorizar a segregación e venda das centrais.

Xunto a isto, demandou unha redución "considerábel" do tempo de regulación proposta porque "na actual conxuntura, un ERTE de dous anos non é aceptable baixo ningunha circunstancia".

Comentarios