A CIG denuncia os concertos da Xunta cos centros que segregan por sexo e exixe o cumprimento das sentenzas xudiciais

48 unidades concertadas en cinco centros que segregan por sexo. Este é o  balance da “desobediencia” da Consellaría de Educación ás sentenzas xudiciais que impedían os concertos con centros que separaban nenos e nenas. 

Colexio relixioso
photo_camera Colexio relixioso

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación mantén os concertos cos centros que segregan por sexo, a pesar das sentenzas xudiciais emitidas en contra. Os cinco centros que contemplan estas prácticas serán beneficiarias dos concertos, con vixencia por catro anos. 

Para a CIG-Ensino a publicación no DOG dos concertos confirma que a Consellería de Educación continúa coa “política de favorecemento aos centros que segregan ao alumnado por sexo, pois malia as sentenzas en contra, mantén os concertos aos cinco centros que realizan esta práctica”. 

Segundo á orde, os centros que segregan por centro concertarían un total de 48 unidades, 20 en primaria, 19 en ESO e 9 en FP. O CPR Aloya con 12 é o de máis unidades concertadas, tendo 9 o CPR Las Acacias, os dous de Vigo, o CPR Montecastelo, o CPR Montespiño e o CPR Peñarredonda da Coruña. 

O sindicato nacionalista, maioritario no ensino, lamenta que a Consellaría practique “un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado, mais mantén os concertos aos centros privados, entre eles aos 5 centros que segregan o alumnado por sexo, o que foi declarado ilegal polo Tribunal Supremo”. Denuncia desta maneira que o PP favorece determinados centros, algúns vinculados co Opus Dei. 

Que a Consellaría publique a orde na metade de agosto e no inicio da ponte máis inactiva do ano responde, ao dicir da CIG, á clara intención de que pase desapercibida pola sociedade. 

Integración social 

Para o sindicato nacionalista, a publicación da orde evidencia tamén que o ciclo de Integración social negado a distintos centros públicos da provincia de Pontevedra alegando falta de medios, vai ser impartido por dous centros privados de Vigo, un deles  CPR Aloya, vinculado ao Opus e que mantén á practica da segregación por sexos. “A Consellaría recorta na pública para darlle cartos de todas e todos alegremente á privada, pois, insistimos, algún dos centros que solicitaba este ciclo tiña instalacións e profesorado, o que significaba implantar o ciclo a custe cero” explican cando, pola contra, o Aloya non contaba o ano pasado co ciclo de Integración Social que si terá neste curso. 

Comentarios