CIG convoca concentracións contra unha prórroga dos ERTE “sen garantir os ingresos e os empregos”

Esta cuarta feira en todas as comarcas, coincidindo coa convalidación no Congreso do Real Decreto-Lei 24/2020.

Vero Juncal Inditex (CIG)
photo_camera Imaxe de arquivo (Foto: CIG)

A CIG concentrarase en todas en as comarcas esta cuarta feira 15 de xullo, en rexeitamento ao segundo acordo asinado polo Goberno español, a patronal, CCOO e UXT para o prórroga dos ERTE, coincidindo coa convalidación no Congreso do Real Decreto-Lei 24/2020, de 26 de xuño.

Para a central nacionalista,  prorrogar os ERTE nas condicións pactadas nese acordo supón “afondar no abuso patronal e un enorme prexuízo para o conxunto dos traballadores e das traballadoras, cando estamos en plena crise social e económica”.

Hora e lugar

·        A Coruña, ás 11:30 horas, na Delegación do Goberno (Praza de Ourense, s/n).

·        Ferrol, 11:30 horas, Edificio da Xunta de Galiza (Praza de Amada García).

·        Lugo, 11:30 horas, na Subdelegación do Goberno (r/ Armanyá, 12)

·        Ourense, 11:00 horas, Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro)

·        Pontevedra, 11:00 horas, na Subdelegación do Goberno (Praza de España, 1)

·        Santiago, 11 horas, na Praza de Galiza.

·        Vigo, 11:00 horas, na dirección provincial do SEPE (r/Cánovas del Castillo, 18)

Comentarios