Os selfies do PP con Abascal

Os ciceróns de Vox no Baixo Miño

Santiago Abascal na súa estadía en Oia tivo como anfitrión Augusto Lomba, tenente de alcalde do PP neste concello que os conservadores gobernan con maioría absoluta. Non foi o único líder popular do Baixo Miño que recibiu o número un de Vox. De feito, Sermos Galiza difundía esta cuarta feira 29 de agosto o selfie que o portavoz municipal do PP na Guarda realizou con Abascal.

Augusto Lomba (PP), primero pola dereita
photo_camera Augusto Lomba (PP), primero pola dereita

A visita de Santiago Abascal ao concello de Oia non foi tranquila para el, dado o rexeitamento que a presenza deste líder ultraespañolista causou entre a veciñanza.

Porén, quen si exerceu de amábel anfitrión foi o tenente de alcalde do PP neste concello do Baixo Miño, Augusto Lomba. Outro líder máis do partido de Alberto Núñez Feixoo que decidiu realizarse un selfie con Abascal seguindo os pasos do portavoz municipal na Guarda, Roberto Carrero.

Semella que Vox ten xa Ciceróns no Baixo Miño após os febles resultados do Partido Popular nas pasadas eleccións municipais do 26 de maio.

Carrero con Feixoo na maio e con Abascal en agosto_Mesa de trabajo 1

Comentarios