Imprimir

Chus Pato, Manuel Rivas ou Alba Cid: poetas galegas no portal internacional Asymptote

Redacción / Europa Press | 17 de abril de 2020

Chus Pato (Real Academia Galega).
Chus Pato (Real Academia Galega).
Unha escolma de autoras e autores galegos figuran no catálogo do portal internacional de poesía Asymptoe.

Escritoras recoñecidas como Chus Pato, Luz Pozo ou Manuel Rivas conforman unha selección de autoras e autores galegos entre os que tamén figuran algunhas voces máis novas da literatura galega. É o caso de Ismael Ramos, Alba Cid ou Lara Dopazo.

As súas obras, traducidas ao inglés, pódense consultar no portal internacional de poesía Asymptote, coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

Galician Poetry Feature

Baixo a etiqueta Galician Poetry Feature e a coordinación do tradutor Jacob Rogers, a entidade cultural destaca que coa achega destas escritoras o sitio web "ofrece una mostra ampla de temas, contidos e estilos que amosan a riqueza" da poesía galega.

O Consello da Cultura salienta, ademais, que Asymptote é un dos espazos en liña "de referencia mundial" da literatura de tradución, nun momento de incremento da lectura en soportes dixitais. Trátase dun escaparate mundial de novas traducións que conta con cinco millóns de seguidores. Desde su creación, en 2011, a web recompila obras de 121 países en 103 idiomas diferentes.

Na mesma plataforma, á escolma das escritoras galegas súmase tamén a tradución ao inglés dos poemas de autores como Kathleen March, Erin Moure, Jonathan Dunne ou o propio Jacob Rogers.

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/chus-pato-manuel-rivas-alba-cid-poetas-galegas-portal-internacional-asymptote/20200417135419095471.html


© 2020 Nós Diario