Opinión

Chámanse recortes

A Covid-19 é o albo de todo canto mal hai, mais non nos enganemos, a sanidade pública sofre, sobre todo, polo desmantelamento que viu padecendo nos últimos anos. Ninguén está preparado para afrontar unha pandemia, porén hai cuestións que responden a un problema de fondo, o provocado polos recortes e pola falta de previsión. A Xunta prefire chamalos "problemas puntuais". Así se refire ao feito de que no Hospital da Costa, en Burela, só haxa unha cardióloga, durante os últimos 15 días, para atender unha poboación dunhas 70.000 persoas. Que se adíen cirurxías e probas diagnósticas que atallarían a tempo tumores ten a ver máis coa ineptitude na xestión da sanidade pública que coa Covid-19. O colapso nos hospitais non colleu ninguén por sorpresa, pois aí está a estatística, que permite saber que o 5% de casos da Covid acaban ingresados e case o 1% en UCI. E non sería por falta de advertencias do colectivo médico. No canto de reforzar unha sanidade pública desbordada, semella que xogamos a facer equilibrios. O triste é que xogamos con vidas

Comentarios