Os comicios estanse a desenvolver sen incidencias importantes

Chamadas ás urnas, á esperanza e a non ter medo nas eleccións catalás

Repasamos os chamamentos que fixo cada un dos candidatos e das candidatas á presidencia da Generalitat catalá no momento de acudiren a exercer o seu dereito ao voto.

EuropaPress_3562321_punto_votacion_farga_lhospitalet_llobregat_barcelona_elecciones_catalanas
photo_camera Imaxe dun colexio electoral en Hospitalet de Llobregat. (Foto: Europa Press)

O vicepresidente do Govern catalán en funcións e candidato de ERC á presidencia da Generalitat, Pere Aragonès, fixo un chamamento a “encher as urnas con determinación e liberdade” cando se achegou ao seu colexio electoral este domingo. Logo de exercer o seu dereito ao voto, reivindicou que votar lle permite á cidadanía decidir o seu futuro e “o país que se lle deixa ás próximas xeracións”.

A candidata de Junts, Laura Borràs, votou "pensando no 1-O" e asegurou que nesa xornada se encheron as urnas de votos por un futuro mellor, e chamou deste modo á participación.

O candidato dos socialistas cataláns (PSC), o ex ministro de Sanidade Salvador Illa, pediulle á cidadanía á hora de ir votar que o fixese “con esperanza” e defendeu que esta “é sempre máis forte que o medo, eo afecto más forte que o odio”. Illa tamén declarou que acudir ás sedes electorais “é seguro” pese ao contexto sanitario da Covid-19.

Unha mensaxe que apelaba máis aos sentimentos e que tamén formou parte do discurso de Jéssica Albiach, de En Comú Podem, pediulle ao electorado tamén que enchese “as urnas de esperanza e amor fronte ao odio e a resignación”. Albiach pediu a cidadanía “que se movilice, porque estamos a falar de presente e de futuro”.

A candidata da CUP, Dolors Sabater, declarou ao saír de votar que "hai que perder o medo e saír a votar: un voto de resistencia, un voto de independencia, un voto antifascista, un voto feminista, un voto para conquistar dereitos", engadiu.

A candidata do PDeCat, Àngels Chacón, lembrou que acudir a votar sempre é fundamental e “hoxe máis que nunca, porque Catalunya está a decidir como sairá desta crise sanitaria, social e económica”.

O candidato de Cs (Ciudadanos) á Presidencia de la Generalitat, Carlos Carrizosa, tamén fixo o seu chamamento a unha “votación masiva do constitucionalismo”, e engadiu que “debe mobilizarse se queremos abrir unha nova etapa de convivencia e cambio en Catalunya”.

O candidato do PP (Partido Popular), Alejandro Fernández, pediulle tamén ao electorado que acudise ás urnas, "como vai recoller o pan ou facer calquera outra actividade permitida".

Sen apenas incidencias

Vox denunciou unha agresión a unha apoderada do partido nun colexio electoral en Canovelles. A través do Twitter o partido explicou que a apoderada está ben e continúa realizando as súas funcións no colexio electoral pero a formación advertiu que exixirán responsabilidades á Consellaría de Interior. Pola súa parte, os Mossos d'Esquadra explicaron que se tratou dunha pelexa e que, cando identificaron as dúas persoas involucradas, viron que a que se enfrontaba á apoderada de Vox tiña unha orde de detención pendente.

Los Mossos d'Esquadra han explicado a Europa Press que se trata de una pelea entre las dos personas y que, al identificarlas, se han dado cuenta de que la otra tenía una orden de detención vigente, y la han detenido.

Dous repetidores foron sabotados na madrugada no centro emisor de Rocacorba e no centro repetidor de Cubélls, horas antes da apertura dos colexios electorais en Catalunya, uns actos que afectaron as emisións de RTVE (Radio Televisión Española), que xa restabeleceu os servicios. En declaracións aos medios o conselleiro do Interior da Generalitat, Miquel Sàmper, explicou esta sabotaxe sufrida nos repetidores e que os incidentes afectaran a telefonía das zonas mais que "non afectarán para nada a xornada electoral".

Cinco activistas da organización feminista Femen protestaron este mediodía contra o candidato de Vox ás eleccións catalás, Ignacio Garriga, á súa chegada ao colexio electoral, en Barcelona.As activistas portaban pancartas con lemas que tamén berraban, como “Non é patriotismo, é fascismo” e “Voto a Garriga, voto fascista'”, mentres tamén repartían papeletas cos mesmo lemas. Os Mossos d'Esquadra, que dispuxeran un cordón policial, afastáronas o candidato de ultradereita e identificaron ás cinco mais non as detiveron, segundo informou o corpo policial.

O feche da campaña

As formacións que concorren a estas eleccións: ERC, JxCat, PdeCat, CUP, En Comú Podem, PSC (Partido Socialista), PP (Partido Popular), C’s (Cidadáns) e Vox, despediron a campaña electoral con chamadas ao voto útil e á importancia de que abstencionistas e persoas indecisas se acheguen a votar neste 14-F.

As sondaxes daban un triplo empate técnico entre ERC (Esquerra Republicana), el PSC i JxCat (Junts per Cat). Por iso tivo especial relevancia a sexta feira e as mensaxes finais que cada partido enviou ao electorado.

ERC e JxCat rivalizaron até o final para posicionarse como o voto útil independentista. Mais sobre a mesa hai varias opcións de goberno: repetir un Govern entre Junst e ERC coa suma da CUP; un tripartico ERC, PSC e En Comú Podem; un goberno sen independentistas liderado polo PSC; e mesmo un goberno moi amplo, como propón ERC, con Junst, os comúns, CUP e PdeCat.

ERC e o seu candidato, Pere Aragoès, fecharon a campaña acompañados polos seus líderes presos. A mensaxe foi clara, que o partido volva a presidir a Generlitat e restaurar a democracia. Así, Aragonès pedía unha victoria contundente para Esquerra. Oriol Junqueras, xunto a Raül Romeva, Dolors Bassa e Carme Forcadell dicía "se nós non nos rendimos menos vos habedes rendir vós diante dunha urna, porque as urnas son a nosa arma". Marta Rovira e Meritxell Serret interviñeron por videoconferencia no acto de feche de campaña.

No nome de Junts per Cat, Laura Borràs pediu que se enchesen as urnas de votos, e lanzou unha mensaxe para o electorado que valoraba votar o PDCat para advertilo de que o seu voto podía ser decisivo para que Junst se impuxese sobre o PSC. No acto de feche de campaña de JxCat estiveron presenten Jordi Turull, Josep Rull, Quim Forn, Meritxell Borràs e Toni Comín e Lluís Puig desde o exilio, con Carles Puigdemont.

O PSC avisaba de que “o bucle independentista se alimenta en parte da abstención”. Salvador Illa, acompañado de Pedro Sánchez, pedía “concentrar” o voto na súa candidatura para superar a “confrontación”. Illa insistiu en que aqueles que non vaian aos colexios electorais favorecerán “a foto de Colón” do independentismo.

A CUP chamou a frear a entrada de Vox no Parlamento mais tamén cargou contra ERC, JxCat e En Comú Podem.

O PDECat reivindicouse como o voto que permitirá consolidar a maioría independentista, para ter un "bo goberno" e frear a influencia da CUP, coa intención de "proxectar o legado de Convergència ao século XXI".

Pola súa parte, Jéssica Albiach, de En Comú Podem, reclamou que PSC e ERC que deixen de pórse vetos e preguntoulles se serán a causa dunha repetición electoral por non volveren pactar. Segundo Albiach, o seu partido é o que permitirá o cambio.

O futuro de C’s logo da previsíbel caída electoral e a forza coa que Vox poida entrar na cámara catalá son outras das incógnitas da xornada.

Comentarios