Centos de veciños da localidade de Valeixe mobilizáronse esta mañá para protagonizar unha manifestación que percorreu as rúas da Cañiza esixindo a "restauración do médico no Centro Periférico de Valeixe".
Políticos de todas as cores, segundo declararon a Nós Diario fontes da organización, sumáronse a unha concentración que lles esixiu "solucionar este problema".
As afectadas denuncian que desde a xubiliación do médico anterior a praza quedou vacante, o que significa que aproximadamente 1.000 persoas quedaron sen atencion médica no devandito Centro, véndose así obrigados a desprazarse a Cañiza en horario de tarde dous días por semana, "obrigando tamén ao resto dos facultativos a asumir a asistencia sanitaria de mais pacientes, e xa están saturados", explican.