Centos de persoas saen á rúa en Irlanda do Norte pola oficialidade do gaélico

 ‘Polo recoñecemento da lingua irlandesa xa!’ foi a demanda das persoas participantes nas mobilizacións.

460_0___30_0_0_0_0_0_608084396
photo_camera Mobilización polo gaélico.

En 1840 o 90% de Irlanda falaba gaélico. Na actualidade, apenas 78.000 persoas en toda a illa afirman falar gaélico a diario (sen contabilizar os estudantes dese idioma). Se ben hai enquisas que indican que por volta dun millón setecentos mil habitantes din que teñen coñecementos como para poder falar o irlandés desde organizacións de defensa do idioma relativizan esa cifra: “É máis ben un indicador  de boa vontade”, teñen afirmado desde a Liga gaélica.

Dentro da illa, a situación máis precaria é nos seis condados baixo dominio de Reino Unido, a zona coñecida como Ulster ou Irlanda do Norte. Na mesma é onde están as porcentaxes máis baixas de coñecedores e falantes de gaélico. A oposición durante décadas dos protestantes a calquera mínimo avanzo en dereitos lingüísticos mantivo o irlandés sometido a unha especie de ‘apartheid’. “Lingua de leprosos” cualificou o reverendo Ian Pasley, máxima figura do unionismo, ao gaélico.

Porén, este escenario cambiou levemente nestes anos. Unhas variacións que non garanten a igualdade do gaélico do inglés. Esa igualdade foi a que reclamaron estes días os centos de persoas que se mobilizaron en Irlanda do Norte para solicitar a oficialidade do gaélico nos seis condados. ‘Acht Na Gaeilge Anois’ (Por unha lei da lingua irlandesa xa!” foi a palabra de orde dunhas accións que contaron co apoio, entre outros do Sinn Féin.

Comentarios