O percorrido da marcha iniciouse no Obelisco contra as oito do serán. A presenza policial -furgonetas de axentes antidisturbios da Policía Nacional- foi moi elevada. A protesta rematou no campo da leña.
De fondo, o desaloxo da antiga nave militar okupada ordenado polo concello a pasada semana que vén de provocar un sonoro desencontro entre a Marea Atlántica -que sostén o Goberno local- e boa parte dos movementos sociais críticos da cidade.