Imprimir

Cargas policiais "brutais" na manifestación en Burela pola sanidade pública

Redacción | 02 de marzo de 2013

[Imaxes: SOS sanidade pública]
[Imaxes: SOS sanidade pública]
Centos rodearon a Casa da Cultura, onde o PP celebrou o congreso provincial, para rexeitar a área sanitaria única, que forzaría a dependencia de Lugo


Centos de persoas aproveitaron este sábado o congreso provincial que o PPdG convocou na Casa da Cultura de Burela para transladarlle ao partido do Goberno o seu rexeitamento a unha área sanitaria única. A protesta xuntouse canda outra que protagonizaron @s [email protected] das preferentes.

[email protected] por SOS Sanidade pública, [email protected] con cazolas, mobilizáronse contra a intención da consellaría de Sanidade de crear unha área de xestión integradas que faría desaparecer a capacidade de xestión autónoma da actual área sanitaria norte con hospital de referencia no Hospital da Costa, avocando @s pacientes da Mariña a dependeren de Lugo.

A protesta transcorreu no medio dun amplo despregamento policial que chegou a efectuar unha carga contra @s manifestantes. SOS Sanidade pública A Mariña cualifica de "brutal" a intervención dos axentes, que levaron un mozo preso "por non facer nada". Denuncia a plataforma cidadá a "malleira" que lle terían asestado ao rapaz que retiveron durante varias horas até deixalo en liberdade con cargos. Nin Feijóo nin ningún dos altos cargos do PP congregados na Casa da Cultura burelá quixeron atender as peticións [email protected] activistas, recollidas nun manifesto que quixeron facerlle chegar e que se negaron a recoller nin sequera baixo o compromiso de disolver a concentración unha vez que o documento chegase a mans do titular da Xunta.  

As plataformas cidadás en defensa da sanidade pública de Monforte, Lugo e A Mariña promoverán mocións de apoio ás súas demandas en todos os concellos do territorio lucense, que nos dous primeiros casos se opoñen ao desmantelamento do Hospital da Costa e no caso da cidade da Muralla pasan por implantar no HULA os servizos de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia "para aforrar desprazamentos innecesarios e inhumanos" a outros centros hospitalarios.

Tal e como sinalaron nestes días en rolda de imprensa, SOS Sanidade pública considera "fundamental" o apoio da poboación mariñá para evitar "un maior deterioro" que será o que carrexe o decreto de xestión integrada de ámbito provincial de chegar a se aprobar.

"A Mariña conta con todos os parámetros necesarios para contar cunha Área Xestión Integrada propia", remarcaron, polo que piden ao departamento que dirixe Rocío Mosquera que recúe nunhas intencións.

Remarcaron que a área de xestión integrada poría en perigo o mantemento do servizo de [email protected] de Burela "podendo darse o caso de que os nenos se deriven a Lugo e as nais queden" na vila mariñá.

A UCI tal e como funciona hoxe tamén desaparecería. Por todo o anterior, a plataforma cidadá cualificou de "indignantes" as palabras da Xunta anunciando o seu compromiso coa ampliación do Hospital da Costa.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/centos-mobilizanse-en-burela-contra-o-desmantelamento-do-hospital-da-costa/20130302135958011881.html


© 2020 Nós Diario