Centos ateigan o local da Gentalha para receber o independentista Antom Santos

Ficou pequeno o local social da Gentalha do Pichel para receber o independentista Antom Santos, após cumprir condena durante cinco anos en prisións do estado lonxe do país. Un acto moi emotivo, reencontro con compañeiros e compañeiras, e de afirmación dos direitos nacionais da Galiza.

Antom
photo_camera A asistencia ao acto rebordou o local da Gentalha

Os cánticos independentistas mesturáronse cos vivas a Antom Santos no acto de recebemento do soberanista, quen cumpriu condena durante cinco anos por pertenza a organización armada (Resistencia Galega) e falsificación de documentación oficial.

Antom2Santos tomou brevemente a palabra para responder, desde a emoción, ás mostras de afecto recibidas pola multitude que empequeneceu o local da Gentalha. A intensa chuvia aconsellou desprazar o acto da Praza do Toural, lugar inicialmente previsto para a súa celebración, á sede desta asociación cultural compostelá.

Unha moi emotiva interpretación colectiva do Deus Fratesque Gallaecia puxo o ramo ao acto.

Comentarios