Cen banqueiros gañan no Estado español máis dun millón de euros anuais

Cen banqueiros gañan no Estado español máis dun millón de euros anuais. É o segundo estado onde máis cobran de media os 'super-banqueiros': 2,16 millóns de euros. Por riba das retribucións dos seus homólogos de Alemaña ou Reino Unido.

No Estado español pódese vivir moi, moi ben. Só hai que ser banqueiro. Segundo vén de facer público a Autoridade Bancaria Europea (EBA) no seu informe anual, no Estado español hai cen banqueiros que gañan por riba do millón de euros anuais. Iso supón o quinto posto en Europa. Onde máis é é en Reino Unido, con 271 destes banqueiros millonarios. En Alemaña hai 212, en Francia 177 e Italia 109.

Porén, os banqueiros que ,meten no peto máis dun millón de euros anuais no Estado españolson menos que no ano pasado, cando esa cifra era de 125.

A vivir

Iso si, o Estado español é o segundo onde máis cobran os banqueiros de media: 2,16 millóns de euros anuais, só sobrepasado por Chipre (2,2 millóns). Eses ingresos medios en Reino Unido son de 1,95 millóns e en Alemaña de 1,55.

Os directivos de entidades financeiras españolas que cobran máis dun millón de euros repártanse do seguinte xeito segundo o área de negocio á que pertence: 37 na banca de investimento, 16 na minorista e 47 noutras áreas.

No que atinxe ao tipo de retribución, a fixa total que perceberon estes executivos en 2012 ascendeu a 91,3 millóns de euros, a parte variable supuxo 125,5 millóns e a retribución diferencia foi de 66 millóns.


 

Comentarios