O Celta pon proa a Europa

Derrota o Betis (3-2) e sitúase a dous puntos de entrar en prazas europeas.

celta betis iago aspas
photo_camera Imaxe: RC Celta

Con oficio e sabendo termar do partido até o último segundo. O Celta rubricou esta segunda feira unha traballada vitoria fronte ao Betis (3-2) que pon os celestes a tiro de pedra dos postos europeos. Con 31 puntos sitúase a 2 da sexta praza. Aspas (con doblete) e Maxi Gómez rubricaron os goles celestes. Con 23 foles entre ambos os dous, confirman que son a parella atacante máis letal da Liga após a de Messi-Luís Suárez.

O Celta xogou mellor na segunda metade. Na primeira, soubo aproveitar os erros do Betios e adiantarse cedo, no minuto 12. Consciente de que os andaluces gostan de construír o xogo desde atrás, Unzúe deseñou un patido no que os celestes presionasen desde a saída, home a home, dificultando e incomodando os béticos.

A falla de 35 minutos para a fin do encontro o Celta gañaba dous a cero. Mais o Betis, rival directo do Celta, non estaba disposto a deixarse levar pola derrota. Un gol de Sergio León no minuto 71 metía de novo os verdibrancos no encontro. Volveu tirar de mando o Celta e Iago Aspas poñía distancia (3-1) cun gol de fermosa factura: el propio iniciou a xogada cun roubo na medula do campo e que culminou após combinar con Maxi e Brais Méndez cun bo toque ante a saída do porteiro bético.

O Betis responde e, de penalti, metía un gol cando se cumpría o minuto 90. Non perdeu os nervios o Celta, que termou nos minutos finais e asegurou a vitoria. Son xa cinco partidos consecutivos puntuando, con catro vitorias (Dépor, Levante, Real Sociedad e Betis) e un empate (Real Madrid). Europa volve entrar na axenda celeste.

Ficha técnica

Celta (3): Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Jozabed, min.81), Lobotka, Iago Aspas, Sisto (Brais Méndez, min.72), Maxi Gómez (Emre Mor, min.86).

Betis (2): Adán, Barragán, Mandi, Feddal, Durmisi, Javi García (Rubén Castro, min.62), Fabián, Guardado, Joaquín, Tello (Boudebouz, min.62), Sergio León.

Goles: Iago Aspas (1-0, min.12); Maxi Gómez (2-0, min.56); Sergio León (2-1, min.71); Iago Aspas (3-1, min.79); Guardado (3-2, min.91, de penalti).

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amoestou Javi García, Joaquín, Fabián, Barragán, Feddal (Betis); Wass (Celta).

Campo: Balaídos (14.856 espectadores).

Comentarios