Celta e Depor, no peor dos escenarios para o fútbol galego

Só un dos dous clubes do país en Primeira División safará de descender. E ningún deles ten todas consigo. Van ser senllas finais. Este sábado, ás 21:00 horas

Celta e Depor

Catro equipos xogan na derradeira xornada desta temporada de Primeira División permanecer ou descender. E dous deles son galegos: o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. Ambos xogan ás 21:00 horas deste sábado. E vano facer en casa, co que contan co apoio da afección, moi importante nestes encontros. Mais o triste é que a permanencia dun vaise facer a conta do outro.

A permanencia dun vai ser a conta do outro. Un caldo de cultivo ideal para guerras localistas que aburren solemnemente á inmensa maioría de vigueses, coruñeses e, por suposto, ao resto d@s galeg@s

Non é Celta e Depor, logo, senón Celta ou Depor. O caldo cultivo ideal para guerra de localismos, paletismos e hooliganismos varios entre os dous pulmóns de Galiza. 

O Deportivo ten 35 puntos e depende de si propio. Se lle gaña á Real Sociedad mantense en Primeira. Iso si, o club vasco non vén de paseo, pois estase a xogar ir a Europa. De empatar, baixa se Celta ou Zaragoza gañan. E se os coruñeses perden, descende se Celta ou Mallorca gañan ou se o Zaragoza puntúa.

O Celta ten 34 puntos e está obrigado si ou si a gañar este sábado en Balaídos ao Espanyol e esperar que pinchen os outros equipos. En caso de triple empate a 35 puntos con Depor e Zaragoza, o Celta descendería.

Comentarios