Causa Galiza convoca un 25X na defensa da independencia como “única saída”

Consideran que o réxime autonómico “evidencia” a dependencia de España. Impulsa unha campaña previa ao Día da Patria Galega para colar 10.000 bandeiras por todo o país.

causa galiza

“A única saída possível à situaçom de espoliaçom colonial e empobrecimento crónico às que nos condena o Estado espanhol é a independência nacional”. Esta é a idea chave sobre a que Causa Galiza vai convocar a súa manifestación nacional deste 25 de Xullo, Día da Patria Galega, unha mobilización que a organización presentou este sábado en Compostela a través de Carme Espinho e Cris Rodrígues, do Comité Executivo..

Galiza é un país rico en recursos e potencialidades mais empobrecido pola relación de dependencia con España, afirma Causa Galiza, que considera que o “autonomismo” é parte do problema e non da solución. Neste sentido, considera que catro décadas de autonomía na Galiza non deron solución a problemas como a emigración, os baixos salarios e pensións, a perda de cultura e lingua, o paro, a crise demográfica...

Neste 25X queren, ademais, lembrar que se fai un século desde que a asemblea das Irmandades da Fala denominasen esta data como Día Nacional da Galiza. A peresistencia da celebración evidencia para CG que hai “vontade política” en sectores da sociedade galega de dotarse dun Estado propio.

Campaña previa

Causa Galiza tamén informou da campaña pevia ao Día da Patria Galega, na que colan 10.000 bandeiras galegas por cidades e vilas da Galiza, unha “resposta simbólica às tentativas da extrema direita política e mediática, com a cumplicidade da esquerda espanhola, de eliminar, de facto, a bandeira galega nos espaços públicos”.

'Independentismo en Marcha' é o lema da manifestación do 25X, que sará ás 12:30 horas da Alameda de Compostela. Ao remate da mobilización realizarase unha romaría popular no Parque Xixón.

Comentarios