Causa Galiza chama a dar unha “resposta de país” fronte ao 40 aniversario da constitución española

Convoca unha asemblea aberta á que convida a participar organizacións políticas e sindicais, así como colectivos e entidades sociais.

Causa Galiza quer que este 6 de decembro, 40 aniversario da constitución española, en Galiza haxa unha “resposta de país” a un texto que sitúa como trabe sobre a que se asenta un “projeto essencialmente antidemocrático para a Galiza”.

Consodera así que é necesario contrapor ao “ceremonia institucional” de “exaltaçom do regime español” unha “contestaçom conjunta dos partidos, sindicatos, organizaçons sociais e setores populares que reclamamos umha autêntica democracia para a Galiza”, que se basea no dereito de autodeterminación.

A través dunha carta, a organización independentista chama a participar na asemblea aberta do 29 de setembro para nela articular unha resposta “plural, supra-partidária e popular” á constitución española.

Comentarios