Opinión

Castrelo

O alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez, apoiado por representantes do seu grupo político,  BNG, personouse nos Xulgados de Ourense para denunciar un posíbel delito de suborno en relación á moción de censura impulsada polo PP e apoiada en 2 edís do PSOE.

O rexedor nacionalista pide que se abran dilixencias en torno a esta moción despois de que a propia portavoz socialista no Concello, acusase o PP de tentar comprala. Catalina González realizou durante o último pleno graves acusacións sobre cal serían ao seu entender as razóns ocultas detrás da moción de censura. A concelleira socialista foi a máis, chegando a sinalar que lle ofreceron “un salario de 42.000 euros” e “un posto na deputación”. 

Unha acusación de tal calado pon a moción baixo sospieta e é motivo para que se abra una investigación sobre a mesma. Máxime tendo en conta que Castrelo de Miño non é un caso illado e que mesa parte do país xa está enfornando outra moción, tamén impulsada polo PP de José Manuel Baltar, en Viana do Bolo.

Comentarios