Un Castelao inédito precursor de 'O probe Xan' da revista 'Nós'

O legado inédito de María Vinyals, escritora, feminista e activista social nada no castelo de Soutomaior en 1875 sae a luz da man de Alvarellos Editora e da Deputación de Pontevedra, a raíz dunha investigación do historiador Diego Piay. O seu traballo revela un debuxo inédito de Castelao.
castelao inedito album privado emilia lluria vinyals
photo_camera Debuxo de Castelao recollido no caderno 'Autographs', 1916 (Alvarellos Editora).

O caderno que lle regalaron a Emilia Lluria cando era unha mociña garda autógrafos, dedicatorias, pensamentos, reflexións e debuxos dos convidados máis ilustres que visitaron o castelo de Soutomaior na segunda década do século XX.

O álbum privado chegou ás mans do historiador Diego Piay após iniciar unha investigación a finais de 2017 para coñecer a historia de todas as persoas propietarias do Castelo de Soutomaior por encargo da deputación de Pontevedra, no marco do proxecto de musealización da fortaleza. A peza, herdouna de Sofía Sampaio, bisneta de Emilia Lluria, segundo conta no libro María Vinyals, a muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra dun castelo.

En xullo de 1916, chegou á fortaleza medieval de Mos un grupo de intelectuais convidados pola Xunta Directiva da Sociedade Recreo de Artesanos de Pontevedra, entre os que se atopa Castelao.

Segundo recolle Miguel AMaria Vinyals mozanxo Seixas na primeira entrega biográfica do artista de Rianxo, Castealo. Construtor da nación, 1886-1930, o domingo día 9 do mes da sega, uns vinte excursionistas concentráronse diante do Hotel Progreso para coller un autobús que os levase a Soutomarior. Chegaron pouco despois do mediodía.

"Os propietarios, o doutor Enrique Lluria Despau e a súa dona, a escritora e pintora María Vinyals y Ferrés, fanlles o recibimento", escribe Seixas, e sengundo relata a Sermos Galiza, todo apunta a que foi durante esa visita cando Castelao debuxou no caderno de Emilia Lluria un home sentado, sen un brazo, pedindo esmola. Debaixo da ilustración pódese ler: 'Unha limosna, hermano, que me ha dejado inútil la Guardia Civil'.

Un esbozo de 'O probe Xan'

Miguel Anxo Seixas recoñece que non sabía da existencia deste esbozo ata a publicación da obra de Diego Piay. "Cadernos como o que agora sae á luz son habituais entre as familias burguesas. Moitas contan con álbumes privados ilustrados e dedicados polas visitas máis ilustres que recibían nas súas casas".

A peza, di, é previa a outras, case idénticas, que se difundiron máis adiante no tempo. "Garda relación con O probe Xan, unha lámina publicada en 1931 no nº 6 de Nós, elaborado entre 1916 e 1918".

O debuxo de Castelao garda relación con O probe Xan, unha lámina publicada en 1931 no nº 6 de Nós, elaborado entre 1916 e 1918. Podería ser un primordio ou un esbozo.

Pero existen outras versións, engade, moi similares, "que se reproducen en La Hoja Oficial del Lunes, A Coruña, o 17 de abril de 1917, e tamén en A Nosa Terra, o 20 de setembro do mesmo ano; baixo a que escribe: '-N’ô Son por querer sere... ¡Unha esmola¡', unha alusión á matanza de Nebra, Porto do Son, o 12 de outubro de 1916". Ademais, recolle na súa obra, "en A Nosa Terra do 25 de febreiro de 1919, explicaban: 'Que ficou inútil por mor dunha bala de máuser'".

O de Lluria, finaliza, "podería ser un primordio ou un esbozo de todos estes".

Comentarios