Imprimir

O castelán, con protagonismo na TVG

Redacción | 06 de xaneiro de 2021

Malestar por un documental no que en boa medida ese é o idioma que copa a maior parte da súa duración.

 

Na noite desta quinta feira a TVG emitiu ‘A gran ilusión’, un programa no que a maxia é a protagonista, cun coñecido ilusionista facendo trucos tanto a famosos españois (da cultura, dos medios...) como a transeúntes.

As queixas, que se plasmaron a través das redes soxciais, pola emisión deste programa non foi polo seu contido ou calidade senón polo que usuarios das redes consideraban un exemplo de falta de compromiso co idioma galego, aspecto que fai parte dos propios valores fundacionais da televisión pública galega.

Así, este malestar derivaba tanto do feito de que, critican, durante boa parte do documentario o castelán foi a lingua protagonista en exclusiva.

E a isto engaden que naquelas partes en galego, a calidade da tradución deixaba que desexar: “Havendo magníficos atores e atrizes de dobragem é intolerável este galego pentavocálico e carente de consoantes nasais velares”, indicaba @madeiradeuz

Estas queixas prodúcese pouco despois da polémica derivada de que a Radio Galega incumprise a súa propia normativa con entrevistas en castelán.

A CRTVG naceu coa misión de servizo público consistente na “promoción, difusión e impulso da lingua galega”. Así consta súa Lei de creación de 1984. Unha norma e unha vocación funcional que están a ser incumpridas na Radio Galega (RG), tal e como denunciaron naquela ocasión os profesionais do ente agrupados no colectivo Defende a Galega.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/castelan-protagonista-tvg/20210106114942113157.html


© 2021 Nós Diario