Imprimir

Case 100.000 persoas afectadas por ERTE na Galiza

Redacción | 25 de marzo de 2020

Segundo as cifras achegadas pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria nesta cuarta feira, 25 de marzo, presentáronse 17.763 ERTE, case 4.000 máis que o día anterior. As persoas afectadas aumentaron en case 25.000 en 24 horas.

As traballadoras e traballadores afectados por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) na Galiza a consecuencia da crise do coronavirus alcanzaron nesta cuarta feira, 25 de marzo, os 95.511.

Segundo as cifras achegadas pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria, presentáronse 17.763 ERTE, case 4.000 máis que o día anterior. As persoas afectadas aumentaron en case 25.000 en 24 horas.

A nivel nacional, son 510, con 9.627 persoas afectadas. A Xunta ofrece datos por demarcacións provinciais. As comarcas do país que se encadrarían na división correspondente á Coruña rexistran 6.929 ERTE, con 32.007 traballadores afectados. As encadradas en Pontevedra, 5.775 expedientes e 37.403 empregados.

Nas comarcas correspondentes ás divisións de Lugo e de Ourense, as menos industrializadas do país, houbo 2.316 ERTE e 7.844 persoas afectadas, na primeira; e 2.212 expedientes e 8.630 persoas afectadas, na segunda.

A estas cifras súmanse 21 ERTE a nivel estatal que tamén tiveron a súa afectación na Galiza, aínda que a Xunta non ten cifras de traballadoras e traballadores neste caso.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/traballo/case-100000-persoas-afectadas-erte-galiza/20200325133434093801.html


© 2020 Nós Diario