A Casa Tomada renace co nome de Nave 1839

Logo do peche da Casa Tomada a finais, o emblemático espazo ferroviario da Coruña renace este sábado co nome de Nave 1839 e unha inauguración-concerto cos grupos Bala e Thee Blind Crows. 

nave1839
photo_camera A Nave 1839

A Casa Tomada, espazo social de intervención artística, logrou consolidarse en dous anos como referente cultural na cidade herculina e o seu peche sorprendeu este verán a todas por igual. Agora un novo equipo recolle a luva e toma o relevo na xestión deste espazo.

Nave 1839 é o identificativo que recibe no rexistro de ADIF o local sito nos terreos da estación dos camiños de ferro da Coruña. Ambas as dúas asociacións, a que marchou e a que chega agora, acordaron empregar un nome diferente para distinguilo daquel proxecto, coas súas características e persoalidade, deste, conformado por un novo equipo cos seus propios criterios. 

Esta nova aposta defínese tamén como un centro social autoxestionado e sen ánimo de lucro e destinarase a promover a cultura e as artes. O proxecto conta sosterse grazas ás achegas voluntarias dos seus socios e socias. 

Comentarios