Documentario sobre a poesía actual

A Casa-Museo Manuel María proxecta 'Vértice de versos'

O documentario Vértice de versos (2018), dirixido por Carlos Lorenzo, aborda como nunca antes se fixera desde o ámbito audiovisual a última poesía galega. Este sábado 8 de decembro proxéctao a Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei.
 

estrea vértice versos
photo_camera Imaxe da estrea de 'Vértice de versos': o director Carlos Lorenzo coas poetas participantes. Foto: cedida.

“Este filme repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galiza”, explican desde o museo, “presta especial atención ao valor didáctico e permite coñecer a principal fonte literaria galega. É a primeira vez que un documentario se adentra na poesía galega”. A súa historia, a mudanza dos anos 90 ou novas formas de expresión desfilan pola pantalla.

Á proxección de Outeiro de Rei, que será ás sete do serán, asistirá o cineasta, que se prestará a un coloquio cos asistentes.

A entrada é libre até completar aforo.

Comentarios