Carmen Calvo: "Da pandemia non se pode saír debilitando os dereitos"

A vicepresidenta primeira do Goberno demanda ás autonomías colaboración e coordinación. Desde o seu punto de vista non se pode facer política coa situación do coronavirus e tampouco reducir os dereitos máis fundamentais.
carmen calvo
photo_camera A vicepresidenta Carmen Calvo xunto a Pedro Sánchez (Foto: Pool / Europa Press)

A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, vén de defender que as autonomías “teñen instrumentos”  para facer fronte aos gromos do coronavirus sen que sexa o Estado o que declare un novo estado de alarma.

Un país non pode estar en continuo confinamento”, defendeu a representante, nunha entrevista en RNE, na que pediu que equipos como o de Feixoo “extremen a coordinación e fagan un esforzo conxunto”.

“Aquí non cabe a política, estamos nun momento no que a saúde, a protección de menores e maiores está por riba de todo. Se non sabemos facer isto seguramente no merece o sitio que cada quen teña”, subliñou.

Moi crítica coa suposta confrontación que anda a procurar o Partido Popular, Calvo incidiu en que, da pandemia, non se pode “saír debilitando os dereitos da cidadanía”.

“O Goberno non quere recortar dereitos fundamentais. Puidemos facer o que fixemos, con garantía da Constitución e un control estrito cada 15 días”, aclarou.

Comentarios