O Carballiño, O Irixo e Boborás piden responsabilidade á súa veciñanza para “frear o ascenso” dos contaxios

O alcalde do Carballiño recoñece que era previsíbel que se limitada a mobilidade no municipio e considera que a decisión da Consellaría de Sanidade é “lóxica”. A Garda Civil e a Policía Local controlarán os movementos nos tres termos municipais a partir de que entre en vigor a restrición da Xunta.

Ourense, reunión coronavirus.
photo_camera Reunión na subdelegación do Goberno do Estado español en Ourense. (Foto: Europa Press)
Comentarios