Antonia Alarcón, precedente da participación feminina nun conflito laboral

De cando as mulleres tomaron o arsenal de Ferrol

Antonia Alarcón foi decapitada na Coruña. A súa cabeza, exposta nunha pica á porta do arsenal de Ferrol.

Antiga porta do estaleiro. Foto: Alexandre P. Vigo
photo_camera Antiga porta do estaleiro. Foto: Alexandre P. Vigo/Galipedia

En 1877, Bernardo Barreiro, investigador, xornalista, arquiveiro do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña e fundador da revista Galicia Diplomática, publica un libro titulado Efemérides del Reino de Galicia. Barreiro naceu en Santiago en xaneiro de 1850 e na súa casa natal, na rúa de Xelmírez, podemos ver hoxe unha placa de bronce e mármore obra de Asorey. Na mesma casa, propiedade da familia García-Sabell residiu Ramón Piñeiro.

Barreiro foi un militante republicano e, após o triunfo da Gloriosa, fundou e dirixiu en Santiago o periódico La Revolución. Fracasada a I República marcha para Arxentina, retornando a Galiza en 1877 para traballar como xornalista en El Heraldo Gallego (Ourense), Diario de Santiago, Gaceta de Galicia (Santiago) e Revista Compostelana mais novas persecucións políticas motivaron a súa decisión de volver emigrar á Arxentina. En Bos Aires formou parte da Comisión organizadora do Centro Gallego (1879), encargándose de redactar o regulamento desta entidade. 

Na Arxentina foi colaborador do xornal El Gallego, onde tivo a seu cargo a sección "Efemérides de Galicia". Colaborou cos xornais de Bos Aires La Pampa, e El Loro, con La Unión Gallega de Montevideo e El Eco de Galicia da Habana. En 1879 foi comisionado polo Goberno arxentino para pescudar en arquivos españois as probas que deran a razón á Arxentina nos conflitos territoriais cos seus veciños. As súas investigacións deron como froito a obra Diplomática de la América Meridional. De volta fundou e dirixiu a revista Galicia Diplomática.

O 15 de setembro de 1881 foi nomeado arquiveiro do Concello de Santiago de Compostela, pasando máis tarde a desempeñar igual cargo na Deputación da Coruña. Faleceu na Coruña o 27 de novembro de 1904.

As Efemérides de Galicia

Efemérides de Galicia, é unha obra “que interesa al antiguo reino de Galicia para guía y enriquecimiento de su historia y orgullo de sus hijos” 

O libro, que se vendeu ao prezo de 5 reais, recolle 650 efemérides "as máis escollidas e curiosas da historia do noso antigo reino" e ten como obxectivo “ilustrar” os galegos no coñecemento da súa historia, segundo explica nun prólogo no que tamén lamenta as dificultades para investigar o noso pasado: “No solo es difícil penetrar en el interior de ciertos recintos, encomendados a la custodia de estólidos guardianes” senón que mesmo pretendendo consultar as obras históricas que, referentes a Galiza tiña a Universidade, recebeu como resposta dun oficial bibliotecario “que estaba prohibido hacerlo

Ferrol 10 de febreiro

Unha das efemérides recollida no libro, acontecida en Ferrol o 10 de febreiro de 1810, fai referencia a un motín sucedido na cidade no que resultou morto o xeneral Vargas e que tivo como resultado a decapitación na Coruña de Antonia Alarcón.

Antonia Alarcón foi decapitada na Coruña e a súa cabeza exposta publicamente en Ferrol


Na Crónica general de España ó sea Historia ilustrada y descriptiva de sus provincias, sus poblaciones mas importantes de la península y de ultramar, publicada en 1866 e escrita “por conocidos escritores de Madrid, de provincias y de América” dise que “escaseaban de tal manera los recursos que todas las clases se hallaban sin paga”  motivo, quizá, de que a tropa non actuase cando “por la mañana del citado día 10 se llegaron varias mujeres  de aspecto repugnante y soez... dando voces, a la puerta del arsenal del dique ... y subieron varias de aquellas a la casa del desgraciado Vargas sacándole herido y golpeado” sendo arrastrado pola cidade até Esteiro. 

A Audiencia sentenciou e condenou Antonia Alarcón, muller dun operario e tida por principal cabeza do motín. Na Coruña “padeció la muerte, siendo llevada su cabeza al Ferrol, en cuya alameda, puesta en una pica frente a la puerta del arsenal del dique, fue por algún tiempo mudo y honrado testimonio de un crimen, si con tibieza sentido, fiera y sañudamente castigado

Fachada marítima de Ferrol en 1872En El Heraldo Gallego, decembro de 1876, sendo director Valentín L. Carvajal, José Montero y Arostegui fai unha ampla análise e exposición dos feitos para concluír:

“A muchas y muy graves consideraciones da lugar el horroroso suceso que acabamos de referir, y que siempre apareció envuelto en el mas profundo misterio a la vista de los hombres pensadores, porque no se concibe que en una plaza de armas con guarnición, y lo que es aun peor, dentro de un arsenal con fuerzas para su custodia, haya sido víctima de un asesinato la primera autoridad del departamento, a la vista de sus mismos subordinados, que vieron arrastrado su cadáver por las calles públicas, abandonado y conducido al cementerio como el hombre mas miserable, sin que se cuidaran al menos después de muerto, de que su entierro fuese hecho con los honores que a su alta jerarquía pertenecían. Como escritores imparciales no hacemos mas que narrar este desgraciado acontecimiento, tal cual ha pasado. Nuestros lectores sacarán de él las consecuencias que naturalmente se desprende. Cierto que la consumación de este crimen ha sido un borrón para el pueblo del Ferrol; pero ¿cuántas veces el nombre de los pueblos no se toma por escudo para cometer los mas misteriosos y horribles atentados?".

Os sucesos de Ferrol de 1810 poden considerarse un antecedente da loita das mulleres en conflitos laborais

En xeral as referencias a este acontecemento, todas da segunda metade do século XIX, cando xa pasaran máis de 50 anos desde que se producira, coinciden en cualificar as mulleres como “la hez de la sociedad” e o militar morto como un pacífico heroe de Trafalgar, non habendo máis motivación que a maldade, ou a miseria, para cometer tal acto.

Mais Manuel Mera, nun artigo publicado en Diario de Ferrol o 16 de xuño de 2011, introduce un outro matiz e sitúa o suceso como un antecedente da participación feminina nun conflito de claro contido laboral.

“A revolta das mulleres obreiras xurdiu por mor dos acordos de alianza entre o goberno español e inglés, polos que se desmantelaron os estaleiros ferrolás e se trasladaron as naves a Cádiz, así como operarios da maestranza. O Arsenal ficou no esquecemento e a cidade sufriu un duro golpe. A falta de pagos, segundo as autoridades por culpa da guerra, causa en febreiro de 1810 o motín. As mulleres entran no Arsenal, botan a golpes ao capitán xeneral do Departamento Marítimo, ante a pasividade da garda, e arrastran os seus restos polas rúas da cidade”

Desde 1807 non se construía ningún barco. O derradeiro fora a goleta La Alarma. Premonición?

Cando estes sucesos aconteceron había máis de 3 anos que non se sonstruía un só barco. Pasaron outros 15, até 1825, para que dos estaleiros de Ferrol saísen dúas fragatas, La Lealtad e a súa xemea La Iberia. Dezaoito anos antes, en 1807,  fora a goleta La Alarma a que saíra ao mar. Un nome ben premonitoria do que ía acontecer en 1810.

(Na imaxe interior: Fachada marítima do Arsenal e os novos bairros da Magdalena e Esteiro. Ano de 1872.Fonte: La Ilustración Española e Iberoamericana.)

Comentarios