De cando a Irmandiña derrotou Inglaterra por 8-2

Screen Shot 2018-12-14 at 13.06.46
photo_camera Retrato da selección galega no seu encontro perante Andalucía, 1923.

A selección galega de fútbol xogou o seu derradeiro partido en maio de 2016. Foi contra Venezuela, con resultado final de empate a un gol, marcando Iago Aspas para a Galiza e Martínez para Venezuela no minuto 92. Entre este partido e o disputado contra Uruguai en 2005, ano en que reiniciara a súa actividade a selección, xogou tres partidos, o mesmo número que os disputados en 1923 cando quedou subcampeoa da copa Príncipe de Asturias.

Durante o ano 1923 a selección galega de fútbol xogou vario partidos. Contra unha selección de Castela á que gañou por 4-1, contra Asturias (primeira derrota 1-3)

O debut internacional foi contra unha selección de Lisboa “que reúne en sus filas lo mas granado del fútbol portugués” á que gañou por 3-1. Foi o 7 de xaneiro de 1923. Este resultado tivo moita repercusión xa que polas mesmas datas a selección de España sofrera unha contundente derrota contra Portugal. De Vigo partiu a selección para Sevilla, xogar contra Andalucía e gaña, nun partido cualificado de soberbo e interesantísimo, por 4-1. A selección galega estaba formada por xogadores do Celta e do Fortuna.

O debut internacional foi contra unha selección de Lisboa “que reúne en sus filas lo mas granado del fútbol portugués” á que gañou por 3-1

Na semana seguinte, o 21 de xaneiro, Galiza enfróntase a Inglaterra. Unha poderosa escuadra, tanto de barcos como de xogadores, chega a Vigo. No palco presidencial as máximas autoridades militares. Banda de música. Festa.

Nos primeiros minutos ataques ás dúas portas. Axiña comeza o dominio galego e chega o descanso cun 4-2 a favor dos nosos. Na segunda parte increméntase o dominio galego, e a vantaxe en goles, chegando ao final do partido cun 8-2, outras crónicas din que foi 7-2, o máis avultado dos resultados obtidos pola Irmandiña.

E iso que o árbitro era inglés!

Comentarios