Opinión

Campioas... no malo

[María Obelleiro]

As noticias que len neste diario hoxe son un retrato da Galiza que nos deixan e explican o título elixido para este editorial. Campioas en que? Pois, por exemplo, en ofertar a porcentaxe de prazas públicas en residencias de maiores máis baixa de todo o Estado. A oferta por cada cen persoas maiores de 65 anos non chega a 3% . E isto, nunha nación envellecida como a nosa. Non é o único exemplo. Eis a débeda pública. Feixoo, desde que é presidente, endebedou Galiza en 7.957 millóns, mais non para dotar de recursos un sistema social público máis robusto nin para impulsar a I+D+i ou a economía produtiva, senón para pagar, entre outras, “colaboracións público-privadas”.

Capítulo á parte merece o paradoxo enerxético: somos excedentarias en enerxía, ao exportar perto do 40% da electricidade que xeramos, mais soportamos unha das facturas máis caras. Iso si, contribuímos a enriquecer (aínda máis) as empresas que forman o oligopolio eléctrico, aquelas nas que abundan as portas xiratorias, que espolian os recursos naturais e que pagan os seus impostos fóra da Galiza.

Comentarios