Campaña nas redes para Ikea deixar de discriminar o galego

Na súa web e na atención telefónica a multinacional sueca só emprega, no estado español, o castelán, o euskera e o catalán. O galego fica excluído.

Captura de pantalla da web de Ikea
photo_camera Captura de pantalla da web de Ikea

Nas redes -nesta redacción chegou a mensaxe vía whatsapp- está a circular un apelo para demandar de Ikea que poña fin á exclusión da lingua galega quer na súa web quer na atención telefónica ao público en xeral.

"Segundo indican dende Ikea non teñen opción en galego porque non se solicita, polo que a campaña consiste en solicitalo através do formulario que adxuntamos", di a mensaxe que se está a viralizar. "De ser posíbel difundídeo entre quen consideredes interesados na campaña para eliminar esta discriminación", acrecenta.

A campaña chegou tamén a twitter, con Ana Miranda -portavoz do BNG perante Bruxelas- a amostrar o seu respaldo a esta acción reivindicativa.

 

O pasado 3 de setembro, Sermos Galiza xa anticipaba a noticia da exclusión do galego por parte da multinacional sueca.

Comentarios