‘Mar de Lumes’ impulsa unha campaña de rexeitamento a unha intervención militar contra Siria

O Comité galego de solidariedade internacionalista chama a se mobilizar en solidariedade co pobo sirio

Mar de lumes

Imperialismo fóra de Siria. Soberanía para os pobos”. Con esta palabra de orde ‘Mar de Lumes’, Comité galego de solidariedade internacionalista, está a desenvolver unha campaña por Galiza de rexeitamento á intervención militar no país árabe. Faixas, auto-colantes, pintadas...conforman parte “dunha campaña de denuncia desta nova escalada imperialista” .

Este comité fai tamén “un chamamento a unha resposta mobilizadora” por parte da cidadanía galega contra a “agresión imperialista”. Cómpre lembrar que o vindeiro 2 de setembro, segunda feira, haberá concentracións en diferentes cidades galegas en solidariedade co pobo de Siria.

Son concentracións convocadas por diversas organizacións políticas, sindicais e sociais e que terán lugar ás 20:30 horas. 

Comentarios