Camiñar por Vigo na procura da historia das mulleres

Pasear por Vigo para se atopar coa historia das mulleres . Eis o roteiro que Mulheres Nacionalistas Galegas deseñaron a través da cidade, na procura dos espazos nos que a historia se escribe en feminino. Un acto colectivo de recoñecemento que restitiu o protagonismo e visibilizou a participación das mulleres no transcorrer da cidade.
roteiro
photo_camera roteiro

Unha actuación da violonchelista Antía Guillén foi o ponto de partida para presentar o roteiro "Sons de mulleres" nun acto no que participaron mulleres de diferentes colectivos da cidade, familiares das protagonistas de cada unha das figuras recollidas e cidadanía en xeral. A Concelleira de Igualdade de Vigo, Chus Lago e a coordenadora do proxecto no nome de Mulheres Nacionalistas Galegas, María Casar, interviron tamén no acto para marcar a relevancia de recuperar unha historia silenciada. 

Desde Mulheres Nacionalistas Galegas, organización promotora do proxecto, valoran o proxecto "de maneira moi positiva e assim hoje na Galiza , em Vigo, fijemos história recuperando o protagonismo,empoderando e  visibilizando a aportaçom das mulheres na construçom dumha sociedade máis solidária e igualitaria".

O roteiro "Son de mulleres" deseña a cidade a través das biografías das mulleres que deixaron pegadas nela, desde a xinecóloga Olimpia Valencia á pedagoga Antía Cal así como os espazos especialmente relacionados con oficios e actividades desenvolvidas polos colectivos femininos. 

Na información adxunta recóllense os distintos pontos do roteiro e as súas historias recuperadas. 

Comentarios